Depedro volve subir ao escenario da Sala Karma
Por Redacción
Estreou o ano musical na Sala Karma e agora volve para ofrecer un novo concerto.
Depedro -o alias musical de Jairo Zavala-, volverá subir o vindeiro venres 29 de setembro ao escenario da sala pontevedresa para presentar o seu último EP, titulado 'Acuérdate'.
Neste traballo conta coa colaboración de Fuel Fandango para revisar unha das cancións do seu anterior traballo de estudo ou de Amparanoia para versionar a canción 'Somos viento'. Ademais o EP inclúe catro novos temas.
O último disco completo de estudo de Depedro foi 'El Pasajero', editado en 2016, no que mostra a súa versión máis persoal.
As entradas para este concerto están xa á venda a través da web www.ticketmaster.com a un prezo de 14,50 euros (13 euros máis gastos de distribución).