Sete agrupacións corais entusiasman ao público na Ferrería
Por Diego Torrado
A Praza da Ferrería volveu encherse de afeccionados á música coral e o público gozou durante o atardecer deste sábado da Semana Grande das Festas da Peregrina dun concerto no que participaron sete das corais da contorna de Pontevedra: a Coral Polifónica de Salcedo, a Coral Alameda Fogar do Maior, a Coral Bela Helenes, Voces Amigas de Mourente, Coral Helénica, Coral Polifónica A. C. do Chopo e a Coral Airiños de Campañó.
Todas elas interpretaron temas tradicionais de Galicia e pezas de zarzuela mostrando a calidade destas agrupacións que contan con gran tradición na provincia.
Este domingo a partir das 21.00 horas, o escenario da Praza da Ferrería acolle o concerto de OqueStrada, unha formación portuguesa que ofrece un swing bailable e divertido.