"Roqueando" co amor e dor de Novedades Carminha e Familia Caamagno
Por Diego Torrado
Crítica social, irreverencia, diversión e enerxía son algunhas das características comúns das dúas bandas que na noite deste sábado saltaban ao escenario da Praza de España para ofrecer o penúltimo concerto da Semana Grande das Festas da Peregrina.
Familia Caamagno e Novedades Carminha entusiasmaron ao público que volveu encher o recinto. A banda de Sigüeiro ofreceu un percorrido polos seus traballos discográficos e o refrescante son do seu último disco, 'Para unha vez que saímos', no que se mesturan ritmos tan variados como o rock'n'roll acelerado ata power pop. Como anunciaban previamente en Facebook al concierto roquearon con amor e dor.
Novedades Carminha co seu punk de estilo galego fixeron saltar aos seus seguidores cos seus temas máis cañeros e coñecidos como 'Jódete y baila', ademais de interpretar os temas do seu último álbum 'Campeones del mundo'.
Este domingo, o rock deixará paso á música melódica de Tamara, que a partir das 22.30 horas ofrecerá o último concerto das Festas na Praza de España antes da tirada dos fogos de artificio desde a avenida de Corbaceiras.