17 bandas encherán Combarro de potencia sonora no Armadiña Rock
Por Anxo Lourido
Durante a última fin de semana de agosto, do 25 ao 27, Combarro volverá converterse no epicentro cultural de Galicia coa novena edición do Armadiña Rock, unha cita que se converteu en fundamental para a música galega e nun dos festivais esperados nas Rías Baixas.
Este venres presentábase na Praza da Rualeira o evento deste ano coa presenza dos representantes da asociación organizadora Laura Currás e Afonso Vilanova, acompañados polo deputado de Cultura Xosé Leal, o alcalde de Poio, Luciano Sobral e o concelleiro de Festas, Xosé Luis Martínez.
Laura Currás remontouse aos inicios deste evento cando "tocaban un par de grupiños" e destacou o esforzo que se realiza para converterse nunha cita musical de referencia. Pola súa banda Afonso Vilanova sinalaba que este ano colaboran 150 pequenas empresas do municipio e mostrouse orgulloso do festival que conta cada vez con máis actividades. clowns, teatro, o armadiña kids, espazos de conferencias e unha programación continua durante todos os días.
Pola súa banda, Xosé Leal destacou a importancia que este festival concede á música realizada en galego e a sinerxia coa Festa do Mar. E Luciano Sobral tamén fixo referencia aos primeiros anos do Armadiña con vídeos que se converteron en virais con persoas de Combarro cantando clásicos do heavy.
Nesta ocasión actuarán na Praza da Chousa as seguintes bandas: Heredeiros da Crus, Talco, Def con Dúas, Dakidarría, Ruxe Ruxe, Bala, Kitai, Skarnivals, Blues do País, Brinkadelia, O Leo i Arremecághona, Soul Breakers, Delombaos, Carla Green & The Demons e Fanfarria Taquikardia.
Os concertos do Armadiña Rock son gratuítos do mesmo xeito que a acampada a un quilómetro e medio de Combarro.
Relacionadas:
-
RADIO.- A playlist de... Robert Beade, un tipo tranquilo con rock duro nos dedos
Por Marisa Ciordia |
-
25.000 persoas pasaron por unha edición de récord do Armadiña Rock
Por Redacción |
-
O Armadiña Rock bota por fóra cos Heredeiros da Crus
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Combarro dá a benvida a unha nova edición da Festa do Mar
Por Diego Espiño |
-
Plan especial de tráfico e seguridade para a Festa do Mar
Por Redacción |
-
A Festa do Mar chega á 17 edición á espera do recoñecemento como evento de interese turístico
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
O Armadiña Rock completa o cartel da que anuncian como a súa edición "máis ambiciosa"
Por Redacción |
-
David Civera, Xabier Díaz e Radio Cos completan co Armadiña Rock os concertos da Festa do Mar de Combarro
Por Redacción |
-
Os festivais Barosa Líquida, Armadiña Rock, Rockin'Vila e Festa Xironsa reciben axudas provinciais
Por Redacción |