25 actividades enchen a programación do Verán Cultural de Cerdedo-Cotobade
Por Redacción
O Concello de Cerdedo-Cotobade comezou este mércores a programación do Verán Cultural 2017 con 25 actividades para todos os públicos. Durante 19 días van desenvolverse determinados actos de lecer, cultura, deporte e gastronomía que, segundo o presidente do municipio Jorge Cubela, amosan a "variedade e a calidade" da programación deste ano.
As actividades son as seguintes:
- Mostra "Galicia no encaixe" - Mércores 9. 10.00 h. Consistorio
- Obradoiro de ramos silvestres - Mércores 9. 11.00 h. Campo de Sión
- Excursión a Ons - Xoves 10. 9.00 h. Carballedo
- Mercadiño de verán - Venres 11. 10.00 h. Praza da Chan
- Cine "Gardiáns da galaxia" - Venres 11. 21.00 h.Consistorio
- I Concurso de pintura rápida - Sábado 12. Todo o día. Carballedo
- Torneo de Veteranos - Días 12, 14 e 20 19.00 h. As Extremas
- Monólogo de Víctor Grande - Sábado 12. 21.00 h. Praza da Chan
- Carreira de orientación - Domingo 13. 11.00 h. Praza da Chan
- Concerto de La Banda de Mazinger - Domingo 13. 21.30 h. Praza da Chan
- Churrascada da asoc. San Miguel - Luns 14. 22.00 h. Praza da Chan
- Guerra de globos - Martes 15. 16.00 h. Praza da Chan
- Camiñando baixo as estrelas - Martes 15. 21.00 h. Praza do Concello
- Maxia con Mago Xacobe - Mércores 16. 20.45 h. Praza da Chan
- Contacontos "Carmiña miudiña" - Xoves 17. 17.30 h. Praza da Chan
- Festival folclórico Ricardo Portela - Venres 18. 20.30 h. Praza da Chan
- Día do Neno - Sábado 19. 12.00 h. Praza do Concello
- Finais do Torneo de Veteranos - Domingo 20. 18.00 h. As Extremas
- "Soño dunha noite de San Xoán" - Domingo 20. 19.00 h. Consistorio
- Teatro "DEP unha comedia de morte" - Luns 21. 21.00 h. Praza da Biblioteca
- Roteiro "Os Villares" - Martes 22. 18.00 h. Praza de Borela
- Exhibición de zumba - Mércores 23. 19.30 h. Praza da Chan
- Taller de maxia co Mago Xacobe - Xoves 24. 17.30 h. Consistorio
- Paseo solidario con Os Palleiros - Venres 25. 18.00 h. Praza do Concello
- I Subida Cerdedo-Cotobade- Días 26 e 27 10.00 h. A Chan
A exposición "Galicia no encaixe" é o primeiro dos eventos. Esta mostra pode visitarse durante as vindeiras semanas. Segundo Jorge Cubela, centos de persoas participan nestas propostas de lecer ao longo deste mes de agosto.