Personaxes do mundo da fantasía percorren o centro histórico da cidade
Por Diego Torrado
As rúas do centro histórico da cidade enchéronse de personaxes do mundo da fantasía coas propostas de Itineranta.
O festival de espectáculos de rúa itinerantes ofreceu este martes as propostas máis infantís da súa programación.
Así, Actúa Productions paseou polas rúas a Lilo un cachorro xigante e moi xoguetón. Alas Circo Teatro levou un grupo de artistas con caracterizacións profesionais que desenvolveron diferentes doutrinas circenses, realizando proezas asombrosas e de gran esforzo físico. Por último o "Profesor Chispero" sacou aos seus catro grandes xoguetes mecánicos a pasear, coa intención de verificar as reaccións dos seus inventos.
Este mércores hai unha nova sesión de Itineranta con propostas para un público máis adulto, con lume e percusión, que recorreran as tres rutas por distintas prazas do centro histórico como a praza do Teucro, a praza de Leña, a praza de España, a da Peregrina ou a praza Curros Enríquez.
A partir das 20.00 horas a compañía Picto Facto de Francia, sairá da praza do Teucro para seguir con "Xigantes" de Actua Productions e Tchyminigagua de Colombia. Ás 22.00 horas volverá saír Picto Facto pero con "Coruscants noite".
Finalmente pechará a ruta Kull d´sac de Valladolid con "Burlesque" na praza da Ferrería.