Bueu recupera el Certamen de Relatos de Mujer Matilde Bares
Por Redacción
O Concello de Bueu acaba de abrir o prazo de presentación de textos para todas aquelas persoas interesadas en participar no VIII Certame de Relatos de Muller Matilde Bares, un galardón que se recuperou despois dun parón de seis anos.
Poderán participar todas as persoas residentes en Galciia maiores de idade que presenten os textos ata o 25 de novembro, vía postal ou electrónica. As bases xa foron publicadas na web do Concello de Bueu. O premio estará dotado con 1.500 euros, e o gañador darase a coñecer no mes de febreiro de 2018.
O tema que se deberá abordar terá que estar encadrado na temática da muller. Non obstante, valorarase especialmente o tratamento da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, a corresponsabilidade nas obrigas familiares e sociais e a prevención e eliminación da violencia de xénero. Os criterios que se valorarán para elixir as obras premiadas serán: a orixinalidade no tratamento do tema, o estilo literario, a creatividade e a utilización dunha linguaxe non sexista.
O concurso iniciouse no 2005 como unha homenaxe á mestra bueuesa Matilde Bares, mestra de labor recoñecida que se esmerou na preparación de ata tres xeracións en Bueu, ademais de ser organizadora de actividades culturais e grupos de teatro.
Nos seus inicios este concurso erixiuse como unha referencia no sector literario, e ten premiado a varias persoas destacables no campo da cultura: Rosa María Martínez Dios, Xurso Sierra Veloso, Xosé Alfredo Naz Fernández, Serafín Parcero Pérez, María del Carmen Caramés Gorgal e Alexandre Alonso Alonso.