Os Trazantes celebra a VIII Mostra con catro actuacións e unha exposición de traxes tradicionais
Por Redacción
A asociación cultural Os Trazantes de Tenorio celebra este sábado 22 a súa VIII Mostra, que inclúe catro actuacións e unha exposición de traxes tradicionais na que colabora a asociación do Traxe Tradicional Galego de Pontevedra. A actividade presentábase no Concello coa presenza do presidente de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela.
A actividade iniciarase o sábado ás 19.00 horas no atrio da festa de Tenorio e, en caso de mal tempo, trasladarase ao instituto. No evento participarán a asociación cultural O Castro de Baión, Rancho Folclórico e Cultural de Tardariz (Portugal) e a asociación Vides Novas de Poio, ademais de Os Trazantes.
Nesta ocasión tamén se desenvolverá unha exposición fotográfica que recolle a traxectoria cultural da agrupación. O alcalde encomiou o traballou que leva a cabo a asociación organizadora que dinamiza a vida cultural do municipio preservando as principais tradicións galegas.