O Museo de Pontevedra acolle o V Seminario de Exiptoloxía
Por Redacción
O instituto de Estudos do Antigo Exipto, en colaboración co Museo de Pontevedra, no seu Sexto Edificio, celebra a V edición do Seminario de Exiptoloxía, baixo o titulo 'Mitos e logros da exiptoloxía en Exipto'. Trátase duns seminarios orientados a mostrar aos pontevedreses os traballos realizados durante a campaña de 2016 no Proxecto Visir Amen-Hotep Huy, que contará este ano coa súa novena escavación.
A co-directora da Misión Arqueolóxica Española Proxecto Visir Amen-Hotep Huy, Teresa Bedman, trata este mércores o tema do descubrimento da tumba do rei Tut-Anj-Amon, un acontecemento que se considera único na historia da arqueoloxía mundial. Ademais, Alberto Abello, membro da misión explica nestas xornadas as características do maior centro arqueolóxico do mundo, formado polos templos do deus Amor-Ra, en Karnak.
O seminario analiza tamén os resultados da campaña de escavación do ano 2016, do Proxecto Visir Amen-Hotep Huy, a través do director da Misión Arqueolóxica Española en Luxor, Francisco Martín-Valentín.
Esta iniciativa desenvólvese desde este mércores 19 ata o venres 21 no Sexto Edificio do Museo. As sesións comezan ás 19.30 horas.