O Festival da Luz premia ás Pandereteiras de Verducido
Por Redacción
O grupo pontevedrés Pandereteiras de Verducido actuará nun dos festivais musicais máis importantes de Galicia, o Festival da Luz que se celebrará do 8 ao 10 de setembro na localidade coruñesa de Boimorto.
Farao despois de lograr o primeiro premio do concurso de maquetas do festival no seu apartado de música tradicional coa súa peza 'Muiñieira de Pontevedra'.
A recompensa por gañar o concurso de maquetas é actuar no Festival da Luz e ademais poder acceder á gravación dun LP.
Pandereteiras de Verducido interpretarán en Boimorto esta peza e outras de composición propia compartindo o cartel con grupos de música de estilos diversos e gran traxectoria como Mago de Oz, Jarabe de Palo ou León Benavente, entre outros.
O Festival da Luz é unha iniciativa musical con marcado caracter solidario organizado desde hai uns anos pola artista Luz Casal na súa localidade natal.