O Proxecto Orquestral regresa a Pontevedra con 140 músicos e cantantes no Pazo da Cultura
Por Redacción
Uns 140 músicos e cantantes subirán ao escenario do Pazo da Cultura de Pontevedra para participar nunha nova edición do denominado Proxecto Orquestral. Será este xoves 22 de xuño, a partir das nove da noite.
O Proxecto Orquestral está integrado polo Conservatorio de Música de Pontevedra Manuel Quiroga e a Escola de Música de Cangas, dirixidas por Alberto González Avilés
Trátase dunha actuación coral e colectiva con moito nivel musical e que congrega a número de músicos e cantantes poucas veces vistos xuntos.
A incorporación do coro e da orquestra dirixidos por Andoni Conde Villar, na segunda parte do concerto, será a grande novidade do evento.
A entrada ao concerto é de balde.
Este proxecto, que xa leva varios anos de percorrido, conta coa colaboración dos concellos de Pontevedra e de Cangas, onde xa se celebrou o primeiro concerto o pasado 2 de xuño.