O editor pontevedrés Xosé Ballesteros, no xurado dos Premios Princesa de Asturias das Letras
Por Redacción
O editor, escritor e tradutor pontevedrés e co fundador da editorial Kalandraka, Xosé Ballesteros, forma parte estes días do xurado do Premio Princesa de Asturias das Letras 2017.
O editor pontevedrés é o único editor do xurado, que empezou este mércores 7 de xuño en Oviedo as deliberacións do galardón internacional da Fundación Princesa de Asturias, que este ano alcanza a súa XXVII edición.
A este premio optan un total de 38 candidaturas procedentes de 23 países e as reunións do xurado continuarán este xoves no Hotel da Reconquista de Oviedo. O fallo farase público ás 12.00 horas no Salón Covadonga do mesmo hotel.
O Premio Princesa de Asturias das Letras concederase a aqueles "cuxa labor creador contribúa, de maneira extraordinaria e a nivel internacional, ao progreso e benestar social a través do cultivo e perfeccionamento da creación literaria en todos os seus xéneros". Está dotado cunha escultura de Joan Miró -símbolo representativo do galardón-, a cantidade en metálico de 50.000 euros, un diploma e unha insignia.
O xurado deste 2017 tamén o integran Félix de Azúa Comella, Xuan Bello Fernández, Blanca Berasátegui Garaizábal, Juan Cruz Ruiz, Luis Alberto de Cuenca y Prado, Álex Grijelmo García, Manuel Llorente Manchado, Carmen Millán Grajales, Ángeles Mora Fragoso, Carme Riera i Guilera, Ana Santos Aramburo, Sergio Vila-Sanjuán Robert, Darío Villanueva Prieto, Juan Villoro Ruiz e José Luis García Delgado.