O festival Surfing The Lérez medra prestando atención especial aos máis cativos
Por Anxo Lourido
O inicio, este xoves, do ciclo de cinema na Casa das Campás sobre musicais será o prólogo do festival Surfing The Lérez, que se desenvolverá o 17 de xuño na Illa das Esculturas con entrada libre a cambio da doazón de alimentos para os máis necesitados. Nesta ocasión a organización propúxose obter 6.000 litros de leite para doar á Redeaxuda.
Nesta sétima edición a música rock será a protagonista deste evento musical, tal e como sinalaba os seus organizador Marcos Rivas, durante a presentación coa concelleira de Festas, Carme da Silva. O Surfing The Lérez, galardoado nos Premios Galegos da Música, é pioneiro na autonomía nos festivais musicais que se celebran durante horas do día e, unha vez máis, ofrecerá este ano numerosas actividades para menores e adultos.
Os grupos participantes, a falta de que se estableza a orde de intervención, serán: Pájaro, The Soul Jacket, Diola, Los vinagres, Lucy and the rats, Monrovia, Dois, Bala, Los Deltonos, Los Bengala, Los Tiki Phantoms, Glitter & Litter, Malandromeda y Os amigos dos músicos, repartidos en dous escenarios
O terceiro escenario será para os menores de 18 anos con diferentes espectáculos. Os máis pequenos contarán, a través do estudo Bonobo, de diversas actividades en obradoiros de teatro, ilustración, fotografía e música.
As actividades desta edición iniciaranse ás 12.00 horas da mañá e finalizarán de noite con mercados ambulantes, food trucks e diferentes propostas divertidas. 15 persoas levan máis dun mes traballando neste proxecto no que, segundo explicaba Marcos Rivas, atópanse implicadas empresas culturais creativas e persoal do municipio de Pontevedra. Haberá zonas para poder degustar comida tanto para celíacos como para veganos.
Relacionadas:
-
Bautismo festivaleiro a beiras do Lérez para os máis pequenos de cada casa
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado |
-
Prepara a túa axenda: xa hai horarios para os concertos de Surfing the Lérez
Por Alejandro Espiño |
-
Roi Casal, Mago de Oz, Juan Magán, Morat, Fangoria, Novedades Carminha e Tamara, nas Festas da Peregrina
Por Anxo Lourido | Creada e actualizada
-
O Surfing the Lérez retorna á Casa das Campás para unir música e cine
Por Redacción |
-
Surfing The Lérez triunfa nos Premios Galegos da Música como mellor festival
Por Alejandro Espiño |
-
Surfing the Lérez xa ten cartel: Lucy and the Rats, Los Deltonos, Bala, Pájaro, Malandrómeda e moitos máis
Por Alejandro Espiño |