Rober Bodegas analiza o 'umbral da estupidez humana' nun espectáculo que recalará en Pontevedra
Por Alejandro Espiño
Cada vez somos máis parvos? ÿ o que se pregunta Rober Bodegas no seu novo espectáculo El umbral de la estupidez. Iso e un paso máis. Estámonos volvendo gilipollas?. A esas cuestións trata de dar resposta o cómico galego na xira desta montaxe, que recalará no Centro Social de Novacaixagalicia de Pontevedra, o vindeiro sábado 20 de abril ás 20.30 horas.
Esta é a sinopse do espectáculo:
"ÿ cousa miña ou nos estamos volvendo gilipollas?" Esta frase oímola mil veces, ata a dixemos. ÿ unha frase feita. Pero, e se fose verdade? E se de súpeto estudos revelasen que isto é así? Que cada día somos máis parvos. Que o cerebro fíxonos /unfollow/. Que os do Starbuck's sábeno e por iso cóbranche o dobre por un café que non che serven. Que alguén nun despacho estase rindo porque nos fixo crer que levar os líquidos en botes pequenos nun avión é o segredo da paz mundial.
Se algunha vez pensaches nisto, se cada día ocorre algo que che fai pensar en si realmente es ti o bobo ou esa persoa que tes en fronte merécese unha puñada na garganta, xa sexa o de en fronte un dependente maleducado ou unha entidade bancaria ao completo. E sobre todo, se crees que se drogan a un mono con viagra e atan a unha árbore a unha persoa medio normal e a unha medio gilipollas, o mono saciará o seu desexo coa segunda porque a sente evolutivamente máis próxima, é moi probable que che interese El umbral de la estupidez. Non se fala de ningún remedio para que a cousa cambie, pero si do que hai que facer para que un mono drogado non note que es parvo. Que non é pouco.
Rober Bodegas leva dez anos na comedia. Foi colaborador en dous programas de televisión (El Rey de la Comedia, Sé lo que hicísteis...) ao mesmo tempo que guionista, tamén desenvolveu novos proxectos para Hill Valley (productora de Muchachada Nui, Museo Coconut, etc.) e Mandarina (productora de Lo sabe, no lo sabe).
Actualmente, xunto cos tamén cómicos Ángel Martín e Alberto Casado, escriben e interpretan os sketches e curtos de Solocomedia.com, a súa canle de comedia online, cuxos contidos recibiron máis de doce millóns de visitas no seu primeiro ano de existencia.
Ademais, escribiu artigos para La Voz de Galicia, un libro e tres espectáculos de monólogos, xirou con eles por toda España e co último estivo tres anos en cartelera na Gran Vía de Madrid, sumando en total máis de mil representacións.
As entradas para asistir a este espectáculo, que teñen un prezo de seis euros, pódense adquirir a través de www.servinova.com.