Siloé amosa a súa "verdade" na Sala Karma
Por Alejandro Espiño
O seu foi un dos discos debut máis aclamados dos últimos anos. E agora, o público pontevedrés poderá descubrir por que. Siloé actuará este venres 12 de maio, a partir das 22.30 horas, na Sala Karma.
Presentarán en directo o seu primeiro traballo discográfico, La verdad.
Con el, a banda liderada por Fito Robles, logrou destacar entre o novo pop de autor en España polo seu talento interpretativo e vocal, ofrecendo cancións cheas de sons próximos e colaboracións excepcionais, e sobre todo polo calado emocional duns textos con transfondo existencial.
O seu primeiro single, La verdad, foi un dos máis viralizados en Spotify en España, onde chegou ao número 4 das cancións máis reproducidas, e outros países de fala castelá como Chile e México.
As cancións do seu disco de debut acumulan ademais un millón de reproducións en plataformas dixitais de streaming.
As entradas están á venda, a un prezo de oito euros, en Ticketea.com. Xa no despacho de billetes, o día do concerto, custarán dez euros.