Carlos Sobera con '5 y Acción' enche o Pazo da Cultura de 'Summum Teatro'
Por Diego Torrado
A comedia 5 y Acción logrou que se enchese este domingo 7 o aforamento do Pazo da Cultura nun espectáculo que forma parte do ciclo Summum Teatro.
O público divertiuse con esta divertida proposta teatral formada por un elenco de coñecidos actores, a maioría populares a través da pequena pantalla. Carlos Sobera encabeza o reparto acompañado polo galego Javier Veiga, Marta Hazas, Ana Rayo e Marta Belenguer.
5 y Acción é unha comedia de enredo sobre unha presentadora do tempo, amante do presidente dunha cadea de televisión, que busca ser actriz. Entre o público asistente atopábase o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e a concelleira de Cultura, Carmen Fouces.
A próxima función dentro do ciclo Summum Teatro será o próximo 27 de maio coa obra El Intercambio, ás 21.00 horas no Pazo da Cultura, con Teté Delgado e Gabino Diego. Trátase doutra comedia sobre o intercambio de parellas.
O ciclo pecharase o 3 de xuño con El Padre, cun reparto no que destaca o veterano actor Héctor Alterio.
As entradas poden adquirirse en venda anticipada a través de Ataquilla.
Relacionadas:
-
Héctor Alterio puxo con "El Padre" o broche de ouro a unha nova edición de Summum Teatro
Por Redacción |
-
Gabino Diego e Teté Delgado 'intercambian' risas no Pazo da Cultura
Por Diego Torrado |
-
Gabino Diego: "Temos un equipo fantástico en El intercambio, un all star da comedia"
Por Alejandro Espiño |
-
Marta Hazas: "En '5 y acción' temos un seguro de risa. Non é broma. Se non ris devolvémosche os cartos"
Por Alejandro Espiño |
-
Carlos Sobera, Teté Delgado, Gabino Diego, Héctor Alterio e danza, protagonistas do ciclo Summum
Por Anxo Lourido |
-
O Pazo promete un 2017 "espectacular" para celebrar o seu vixésimo aniversario
Por Alejandro Espiño |