Herdeiros da Crus, entre as primeiras confirmacións do Armadiña Rock 2017
Por Redacción
A Asociación Armadiña deu a coñecer un avance do cartel do Armadiña Rock 2017, que se celebrará na Praza da Chousa de Combarro do 25 ao 27 de agosto.
Entre os tres primeiros nomes que se fixeron públicos destaca o de Herdeiros da Crus. A banda galega que foi símbolo para toda unha xeración e que para a organización son "os máis grandes", chegará en plena xira do seu 25 aniversario para facer vibrar a todos os asistentes.
Tamén estarán no Armadiña Rock os composteláns Ruxe Ruxe, con 20 anos de carreira ás súas costas e máis de 200 cancións orixinais en galego.
Completa o avance do cartel "un dúo de difícil clasificación" como son o grupo Bala, que tocarán en Combarro tras realizar unha xira por Xapón e Australia.
A organización do Armadiña Rock anunciou que dará a coñecer nos próximos días o cartel completo da que será a novena edición do festival.
Relacionadas:
-
O Armadiña Rock completa o cartel da que anuncian como a súa edición "máis ambiciosa"
Por Redacción |
-
David Civera, Xabier Díaz e Radio Cos completan co Armadiña Rock os concertos da Festa do Mar de Combarro
Por Redacción |
-
Def Con Dos, principal atractivo do festival Armadiña Rock
Por Redacción |
-
A terceira edición do "Curtas Armadiña" triplica a contía dos premios
Por Redacción |
-
O Armadiña Rock xerou uns ingresos en Poio de 1,2 millóns de euros
Por Oskar Viéitez |
-
The Lakazáns, Siniestro Total, Terbutalina e Tractor Troy líana en Combarro
Por Diego Torrado |