Delorean e Anni B Sweet, novas incorporacións ao Atlantic Fest da Illa de Arousa
Por Alejandro Espiño
Dúas novas propostas súmanse ao cartel da segunda edición do Atlantic Fest, o festival que se celebrará na Illa de Arousa do 30 de xuño ao 2 de xullo. Trátase de Delorean e Anni B Sweet, dúas referencias do panorama musical independente en España.
Ambos actuarán o 1 de xullo no escenario Son Estrella Galicia e compartirán protagonismo con Los Planetas, Lori Meyers, Maxïmo Park, The Temper Trap, Rosalía & Raül Refree, Joe Crepúsculo e Os Amigos dos Músicos.
Delorean leva un longo tempo camiñando entre a liña do pop e a electrónica, escribindo cancións dance coma se fosen pop e producindo discos de pop para a pista de baile. O seu novo disco Muzik (2016), é un abrazo ao legado da música electrónica, sen abandonar do todo a débeda que teñen co son house.
O máis recente traballo de Anni B Sweet leva por título Chasing Illusions, un disco vitalista no que a luz e a esperanza cóanse nunhas composicións encantadoras, con melodías perfectas, onde resalta a privilexiada voz da artista andaluza.
Son cancións que se moven entre o soul dos sesenta, a new wave dos 80 e a pegada rock dos setenta conseguindo un son clásico pero ao mesmo tempo cheo de personalidade.
As entradas para o Atlantic Fest atópanse á venda a través da páxina web do festival a un prezo de 48 euros.
Relacionadas:
-
En quince días arranca o Atlantic Fest
Por Oskar Viéitez |
-
Atlantic Fest 2017 confirma dez novas actuacións no cartel desta edición
Por Redacción |
-
Lori Meyers presentarán o seu novo disco no Atlantic Fest da Illa
Por Alejandro Espiño |
-
O Atlantic Fest incorpora os británicos Maximo Park ao seu cartel
Por Alejandro Espiño |
-
Novos nombres para o Atlantic Fest: Joe Crepúsculo, Rosalía & Raül Refree e Os Amigos dos Músicos
Por Redacción |