A acordeonista pontevedresa Nerea Rodríguez, invitada no 'Venres do Ateneo'
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Nerea Rodríguez é unha acordeanista pontevedresa que obtivo o Premio Extraordinario de Fin de Grao despois de formarse no Conservatorio Profesional de Música da cidade do Lérez e no Conservatorio Superior de Aragón. Este venres 21 será a invitada para participar nos Venres do Ateneo de Marín cun concerto que se iniciará ás 21.00 horas no Museo Manuel Torres da vila.
Actualmente, esta intérprete moi nova participa como bolseira no Festival Internacional de Música de Livorno, en Italia onde obtivo o primeiro premio no XXXV Certame Nacional de Acordeón no apartado senior. Ademais logrou unha mención de honra no Concurso Internacional Arjau de Barcelona e foi seleccionada no Torneo Internacional de Música celebrado no mes de setembro en Roma.
O concerto terá lugar ás 21.00 horas no Museo Manuel Torres
Conta cunha importante bagaxe malia a súa mocidade participando en diversas formacións musicais e en concertos realizados en distintos puntos da península.
No acceso á actuación, incluída no ciclo Pontegal, os asociados do Ateneo Santa Cecilia de Marín doarán un euro mentres que os non socios abonarán dous euros.