The Divine Comedy actuará o 15 de setembro no Pazo da Cultura de Pontevedra
Por Alejandro Espiño
O ciclo Voices, que recentemente trouxo á estadounidense Macy Gray a Pontevedra, incorpora un novo concerto. Os británicos The Divine Comedy actuarán no Pazo da Cultura o próximo 15 de setembro, ás 21.00 horas.
Segundo confirmou I-radia Crea, promotora deste ciclo musical, a banda liderada por Neil Hannon presentará en directo o seu último disco, Foreverland.
Tras seis anos de espera, un dos compositores máis singulares e aclamados do pop británico volve á carga co seu undécimo álbum que, "ostentosamente melódicas, líricamente audaces e suntuosamente arranxadas fálannos das relacións humanas cotiás", sinalan desde a organización.
Este músico nado en Irlanda do Norte e fillo dun bispo da igrexa irlandesa alcanzou o éxito durante o auxe do britpop nos anos 90, mesturando estilos musicais arcaicos, melodías cheas de gancho e letras audazmente enxeñosas.
As letras de Hannon defínense pola súa visión irónica sobre a vida contemporánea, ademais de por incluír referencias ao amor, o sexo ou a vinganza, todo iso na proposta de pop barroco e rock alternativo que define á banda que lidera.
A banda editou dez discos entre 1990, co seu debut con Fanfare for Comic Muse e 2010, con Bang Goes The Knighthood.
As entradas, que teñen un prezo de 20 euros, xa están á venda a través do servizo de venda de www.ataquilla.com.
Relacionadas:
-
The Divine Comedy, primeira proposta masculina do ciclo Voices
Por Redacción |
-
Maika Makovski, unha estrela fascinante, unha rara avis que emociona ao público pontevedrés
Por Diego Torrado & Redacción |
-
Maika Makovski, a seducir o público pontevedrés o 19 de maio no Pazo da Cultura
Por Alejandro Espiño |
-
Unha indomable Macy Gray marabilla o público pontevedrés na estrea do ciclo Voices
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
Maika Makovski súmase a Voices, o novo ciclo musical do Pazo da Cultura
Por Alejandro Espiño |
-
Macy Gray, por primeira vez en Galicia: actuará en Pontevedra o 7 de abril
Por Alejandro Espiño |