Siniestro Total demostrará este sábado en Pontevedra que 'os vellos rockeiros nunca morren'
Por Alejandro Espiño
Os vellos rockeiros nunca morren. Ou iso din, polo menos. E no caso de Siniestro Total, non hai dito que se axuste mellor a eles. A banda viguesa, liderada por Julián Hernández, celebran os seus máis de 30 anos sobre os escenarios e fano cunha xira que, este sábado 16 de marzo ás 22.30 horas, traeralles a Pontevedra. Serán os protagonistas dun dos concertos máis esperados do sétimo aniversario da Sala Karma.
Será un concerto no que Siniestro Total fará un amplo repaso aos grandes éxitos da súa carreira, iniciada en 1982 coa edición do seu primeiro disco, ¿Cuándo se come aquí?, que causou un gran impacto na escena rock española e converteuse nun éxito de vendas. Amparado na movida viguesa dos 80, publican varios discos ata que Menos mal que nos queda Portugal en 1984 e Bailaré sobre tu tumba, en 1985, convértelles en todo un referente a nivel nacional.
Desde entón, disco que editaron, disco que triunfou. O último deles, Country & Western, editouse hai tres anos, e nel volven facer gala de ironía corrosiva, boas e novas cancións e dominio das diferentes raíces da música americana, que percorren o traballo de principio a fin. Todo iso sen perder a súa formulación inicial: "punk rock galego contra o aburrimiento xeral".
Ademais, Siniestro Total colaborou con Álex de la Iglesia nas bandas sonoras das películas El día de la bestia e 800 balas, Julián Hernández escribe artigos para El País, 20 Minutos, Faro de Vigo ou Rolling Stone, e publicou libros como ¿Hay vida inteligente en el rock and roll?.
As entradas, que se se compran de forma anticipada custan 15 euros e 20 euros se se fai na billeteira, pódense adquirir en Rei Zentolo Pontevedra, Pequeño Karma, La Casa Winchester e nos despachos electrónicos de www.ticketea.com e www.entradasgo.com.