Iván Ferreiro fai da Sala Karma a súa "casa" no seu regreso a Pontevedra
Como nas grandes ocasións, a Sala Karma vestiu as súas mellores galas. Non era para menos. Volvía a casa uno dos artistas ao que o público pontevedrés nunca falla. Iván Ferreiro regresaba á Boa Vila para presentar en directo o seu novo disco.
Fíxoo ante un público entregado, que coreou todas as súas cancións, e coas entradas esgotadas desde hai días.
Despois de estrear a xira Mahou -a nova referencia da Sala Karma- en Oviedo, Iván Ferreiro subiu ao escenario pontevedrés disposto a ofrecer un concerto inesquecible.
Acompañado da súa banda habitual, o músico de Nigrán debullou principalmente os temas de Casa, o seu sexto disco de estudo.
Pero, como sempre, houbo tempo para interpretar temas de anteriores traballos, grandes éxitos que forman parte xa da historia do indie-rock español.