O saxofonista cubano Ariel Brínguez pecha o ciclo de Jazz no Principal
Por Diego Torrado
O saxofonista cubano Ariel Brínguez foi o protagonista da segunda e última sesión do ciclo de Jazz no Principal.
No concerto deste sábado estivo acompañado por Rosendo Torres á trompeta, Óscar Presa, trombón, Javier Abraldes, guitarra, Carlos Gil, piano, Lois Carlín, contrabaixo e Eloi Pascual, á batería.
Ariel Brínguez atesoura unha recoñecida traxectoria como saxofonista, profesor, compositor e arreglista. Graduado na Universidade das Artes da Habana, impartiu clases na Escola Nacional de Arte de Cuba e durante catro anos foi integrante da famosa banda de Latin Jazz Maraca e Otra Visión. Tamén pertenceu á Latin Big Band.
Actualmente, forma parte da renombrada e premiada formación de Chucho Valdés, no seu corenta aniversario (IRAKERE 40).
Horas antes do concerto do Teatro Principal, Ariel Brínguez impartiu un obradoiro de saxo no local do Seminario Permanente de Jazz.