Un percorrido musical "en feminino" coa soprano Bonnie Cooper e o pianista Samuel Serrano
Por Redacción
A abadesa, física e compositora alemá Hildegar von Bingen, a cantante e poetisa italiana Francesca Caccini, primeira muller en compoñer unha ópera; a pianista Fanny Mendelssohn, irmá de Felix Mendelssohn; ou a tamén pianista Clara Schumann. Todas elas estarán presentes no percorrido en feminino pola historia da música que o vindeiro luns 20 realizarán na Casa das Campás a soprano Bonnie Cooper e o pianista Samuel Serrano.
O propósito é recuperar "un mundo de músicas que están case que esquecidas, soamente pola razón de ter sido escritas por mulleres", como salienta esta cantante formada na Universidade de Ottawa (Canadá).
Con entrada libre ata completar aforamento, o repertorio do concerto programado para as 20.30 horas está composto por pezas que van do século XII ao XX.
Tras a actuación deste luns, a música continuará soando na Casa das Campás no mes de abril, con dous novos concertos. O primeiro, o xoves 6, xornada na que a formación de música popular Xeitura presentará o seu novo disco, nunha actuación programada para ás 20.30, mentres que o xoves 20 a Cada das Campás acollerá unha actuación dun trío de oboe, flauta e clarinete.