Vilagarcía acollerá en outubro a 45 edición do Curtas Film Fest
A Asociación Cultural Curtas xa puso data para a celebración do Curtas Film Fest, que se celebrará en Vilagarcía de Arousa do 23 ao 29 de outubro.
Os organizadores aínda non desvelaron a temática e a programación para este ano, dous puntos que xeran moita expectación tendo en conta que o ano pasado sorprenderon cun desfile de Star Wars e que trouxo como principal novidade o Primeiro Salón do Cómic de Vilagarcía, que acercou á cidade a algúns dos máis coñecidos artistas nacionais.
O festival, que xa vai na súa 45 edición, é o certame de curtametraxes máis antigo de Galicia. Arredor de 35 mil persoas asistiron á edición do ano pasado, que contou co patrocinio do Concello de Vilagarcía, a Deputación de Pontevedra, e o Liceo Casino.
Un festival que ademais de ser positivo para a cultura da cidade, o é tamén como atracción turística, dado que os sectores hosteleiros e os comercios da localidade recibiron unha gran afluencia de persoas de toda Galicia.
Pese que aínda é cedo para falar dos contidos, a asociación sí adiantou que acollerá novas exposicións e seccións para disfrute dos visitantes nesta nova edición do Curtas Film Fest.