El Sevilla estará o 25 de marzo en Vilagarcía co monólogo "Reflexiones del Hombre Lengua"
Por Redacción
Miguel Ángel Rodríguez Jiménez, máis coñecido como "El Sevilla", aparca temporalmente a súa faceta de cantante e líder do grupo Mojinos Escozíos, para entrar no mundo do humor a través do monólogo. Así o poderemos ver o sábado 25 de marzo no Auditorio de Vilagarcía onde porá en escena o seu primeiro espectáculo destas características: "Reflexiones del Hombre Lengua".
A venta anticipada de entradas xa está aberta a través de ticketea. Os prezos son de 10 e 12 euros, máis custes de xestión.
"Reflexiones del Hombre Lengua" é unha proposta cómico teatral que El Sevilla xa ten representado en máis de 80 cidades do territorio nacional.
Trátase dun espectáculo irreverente, como o propio Sevilla, que non deixa indiferente a ninguén no que o protagonista aparece sobre o escenario vestido de Sócrates, presumindo e demostrando que sabe de filosofía o que ninguén podería imaxinar, situación que contrasta con que, segundo conta no monólogo, prostitúa e a súa propia nai para adoutrinar ao público cunha das súas teorías, ou mesmo que desenterre aos seu defuntos para usar o ataude como retrete. Contrasta tamén o politicamente incorrecto que se amosa o monologuista nos contidos coa corrección digna de todo un señor.