Sr. Chinarro presenta o seu novo traballo nun concerto matinal este domingo 12 en Vilagarcía
Por Redacción
17 discos suma xa Sr. Chinarro. O último leva por título 'El Progreso' e sairá á venda a principios de abril. Os seguidores galegos do músico poderán escoitalo con antelación porque o vindeiro domingo 12 ás 12.30 horas, o sevillano Antonio Luque (Sr. Chinarro) ofrecerá un recital no Salón García dentro do programa 'Achégate ao Salón!', organizado pola Concellería de Cultura de Vilagarcía.
As entradas para o concerto terán un prezo reducido, 6 euros para os adultos e tres euros os menores de 16 anos, máis custos de xestión. Os billetes xa se poden adquirir a través de ticketea.com e chamando por teléfono ao 902 044 226. Tamén se poderán adquirir o domingo a partir das 10.30 horas.
O autor de 'Del montón' presenta en 'El Progreso' dez cancións que recuperan o mellor da súa produción como letrista. Neste último traballo nótase a man de J, o líder dos Planetas, que foi o encargado da produción do álbum.