Touriñán, David Amor e Ledicia Solá despídense de Pontevedra con "Amigos ata a morte"
Por Redacción
David Amor, Ledicia Solá e Xosé A. Touriñán volven xuntos ao escenario da Sede de Afundación para traer a xira de despedida dunha das comedias máis exitosas da historia do teatro en galego.
A representación será o venres 10 de marzo ás 21.00 horas.
Amigos ata a morte é unha comedia do actor e guionista Javier Veiga que xa estivo na cidade de Pontevedra en varias ocasións.
AMIGOS ATA A MORTE
Trátase dunha obra sobre a amizade e o amor, dous ingredientes que a maioría da xente quere para as súas vidas, pero que, como é ben sabido, se se mesturan moitas veces, explotan... Nacho, Ángel e María. Dous homes, unha muller... e polo menos un par de historias de amor. Eles son tres amigos dos de toda a vida, tres amigos inseparables, ou se cadra non. Un xiro inesperado deixará do revés a vida dos protagonistas, que terán que ver doutra forma a amizade. Que hai que facer se a túa parella decide deixarche e marchar co teu mellor amigo?