As librerías pontevedresas terán contacontos á hora da merenda
Por Redacción
Un ano máis, o Salón do Libro quenta motores e programa para os días previos á súa inauguración a actividade 'Merendando Contos'. Os espazos escollidos para fomentar a lectura e alimentar a imaxinación dos máis pequenos son as diferentes librerías da cidade, que recibirán as 18 horas a visita dun contacontos.
A mascota Orbil fará acto de presencia de xeito previo ao inicio da actividades sempre que a climatoloxía e a súa apretada axenda o permita.
- O luns 27, a Libraría Clip (Galerias Oliva 6, Local J), recibirá ás 18 horas a visita do Lobo Orbil e a partir do martes 28 - con descanso o mércores 1 (festivo de Entroido) e o domingo 5 - todos os días ata o xoves 9 incluido, haberá contacontos ás 18 horas.
- Martes 28 de febreiro na Libraría Pataka Frita (Rúa José Adrío Barreiro nº 3) Xarope Tulú fará as delicias dos pequenos con 'Estrafalaria'. Alicia collera por costume, escorregar por calqueira buraco, sen importarlle o profundo, escuro ou sinuoso que fose. A Carlota deráselle por escoller o seu camiño e embarcarse en aventuras emocionantes que nada tiñan que ver coas dunha princesa. A avoa e papá dicían que as miñas amigas eran estrañas. Pero ela sempre pensou que iso de ser estraña é moi relativo. Que dis, apetéceche escoitar as nosas rarezas?
- Xoves 2 de marzo en Estrellas o Limones (Marqués de Aranda, 3) 'Os ratiños da caixa' chegan da man de Trinke Trinke. O Rato Fuco trae nunha caixa os tres ratiños mais novos de Lonxedetodo. Son moi trastes e desobedentes e tenos que coidar, pero non é doado!. A contada estará inspirada en 'Contos de ratiños' de Arnold Lobel (Kalandraka, 1999) e 'Sopa de rato' de Arnold Lobel (Kalandraka, 2004).
- Venres 3 de marzo na Libraría D-Lectum (Rúa Rosalía de Castro, 14) A voz de Bea Campos e a música de Davide Gonzalez darán vida a 'Un mundo cheo de contos'. Divertida sesión na que se integran música en directo, literatura infantil e expresión dramática. Un mundo de sementes máxicas, árbores xenerosas e nenas curiosas. Un espazo onde gozar en familia de historias para coidar da terra e das persoas que habitan nela.
- Sábado 4 de marzo na Libraría Nobel (Rúa Cobián Roffignac, 1,) O Carballo con Botas conta porque 'Os libros son os ximnasios da imaxinación': "Cada vez que lemos un conto, cada vez que escoitamos unha historia, a nosa imaxinación ponse chandal e zapatillas deportivas e empeza a facer ximnasia. Imos facer con estas historias un pouco de ximnasia ca imaxinación (se pode traer chandal e zapatillas)"
- Luns 6 de marzo na Libraría Aviones de Papel (Rúa Andrés Mellado, 7) 'Contos que deixan pegada' da man de Pavís Pavós é unha sesión de contos tradicionais e de autor baseada na palabra e contando nalgún caso co apoio do libro Historias que farán reflexionar sobre o mundo que queremos e deixarán unha pegada en quen as escoite.
- Martes 7 de marzo na Libraría Cronopios (Rúa Frei Xoán de Navarrete, 5) 'Vén a Conto' e a invitación de Raquel Queizás a participar da súa historia: "Conto se chama esa vila na que eu moro, onde os paxaros libro me contan historias para vencer a soidade, para resolver conflitos de forma positiva, para gañar amigos e perder inimigos. Todas e todos merecemos unha oportunidade para ser mellores"
- Mércores 8 de marzo na Libraría Paz (Rúa Peregrina, 29) Andrea Bayer construirá 'Un mundo redondo para contar contos'. Para mudar o mundo é preciso escoitar historias e contos de aquí e de máis alá, historias de animais pequenos con grandes desexos, contos de viaxes sen equipaxes. Andrea ea, ea, ea será quen de levarnos de viaxe sen movernos do sitio a lugares lonxanos e non tan afastados.
- Xoves 9 de marzo na Libraría Seijas (Av. de Vigo, 13) O 'Periplo Atántico' de Polo Correo do Vento é unha interpretación moi libre do "Panchito" de Castelao e narrará as aventuras dun pingüín galego que viaxa á Antártida. Como vén sendo habitual, irá acompañado dun obradoiro de debuxo.
Relacionadas:
-
"Elisa no mundo das marabillas" cobra vida na Biblioteca de Pontevedra
Por Redacción |
-
Lino Pazos presenta o libro 'Veleros en el tráfico marítimo con Cuba (1800-1900)' este venres no Museo
Por Sofía Fernández Fuentes |
-
Tres espectáculos gañadores dos Premios Fetén formarán parte do Salón do Libro
Por Sofía Fernández Fuentes |
-
O cinema axudará a querer o mundo no Salón do Libro
Por Redacción |
-
Máis de 10.000 escolares xa se apuntaron para participar no Salón do Libro
Por Redacción |
-
Alba Blanco deseña o cartaz para o Salón do Libro 'O mundo que queremos'
Por Redacción |
-
'Escaquis e Romeu' empezan a escribir a historia do novo Salón do Libro
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |