Marín celebra o 180 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro
Por Redacción
O Concello de Marín programou unha serie de iniciativas con motivo do 180 aniversario do nacemento da escritora Rosalía de Castro.
Desde a concellería de Educación envióuselle a todos os colexios do municipio unha selección de poemas da autora para que poidan traballalos e asistan ao concerto previsto que se desenvolverá o venres 24 na Alameda de Marín.
Neste concerto cantaranse os poemas despois dunha ofrenda floral que se iniciará ás 19.45 horas. A agrupación musical Xardín Desordenado ofrecerá un recital baixo o título "Rosalía entre outras" con temas compostos a partir de poesías da escritora compostelá. Inclúense tamén textos doutras seis poetas galegas de distintas xeracións como Olga Novo, Yolanda Castaño, Lucía Aldao, Luisa Castro, Carmen Kruckenber e Cristal Méndez Queizán.
A través do swing, blues, boleiro e jazz ofrécense versións musicais dos poemas destas autoras para render unha homenaxe a Rosalía de Castro neste acto que se celebrará ao aire libre para que participen todos aqueles veciños que queiran achegarse pola Alameda.