Aberta a convocatoria para unha nova edición de "Artistas na rúa"
Artistas e viandantes compartirán a Praza da Ferrería na terceira edición de Artistas na rúa. Na tarde do 29 de abril, sete artistas seleccionados por membros do profesorado de Belas Artes e MR Xestión Cultural terán a oportunidade de ensinar ao público como é un día de traballo e o proceso de creación nunha nova edición da convocatoria organizada entre o Concello e MR.
Como en anos anteriores, os artistas elixidos poderán desenvolver distintos tipos de proxectos visuais, xa sexan plásticos, audiovisuais ou mesmo performativos a condición de que se realice como unha "creación colectiva" para así "transportar o obradoiro de traballo dos artistas a Praza da Ferreria", segundo as palabras de María Rey, de MR Xestión Cultural.
O obxectivo principal, ademáis da interacción creador-espectador, é visibilizar aos artistas emerxentes da cidade e impulsar a visión do campus de Pontevedra como hábitat natural de creación. Dende a Facultade de Belas Artes, a súa decana Silvia García recalca o seu desexo de que, unha vez terminada a carreira, os graduados viran Pontevedra como "un lugar non que poder desenvolver ou seu potencial".
Aqueles interesados en inscribirse na xornada artística poderán facelo a partir do venres 17 de febreiro ata o venres 24 de marzo enviando a documentación necesaria a mrxestioncultural@gmail.com.
A inscrición está reservada a artistas vinculados coa cidade de Pontevedra- xa sexa como residentes ou estudantes- e terá que presentarse unha proposta concreta, o compromiso conforme cumprirase con ela e un currículo vitae. Os afortunados seleccionados recibirán un salario de 162 euros polas catro horas de traballo máis unha compensación de 50 euros polo material utilizado.