Mario Iglesias estrea o segundo capítulo de "El origen del problema"
Esta tarde de venres 17 de febreiro, no Teatro Principal de Pontevedra, estrearase o segundo capítulo da webserie de Mario Iglesias El origen del problema, en cuxa produción colaboran o Concello a través da Pontevedra Film Comission.
Mario Iglesias, pontevedrés e Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo, é un creador audiovisual que, entre curtos e películas, labrouse un nome no mundo do cinema independente español.
El origen del problema, onde explora por primeira vez o fenómeno das webseries, é a continuación do capítulo estreado o pasado outubro e do que actualmente se pode gozar na canle de Youtube da súa produtora, La Pizarra Produce.
A continuación das historias que se reúnen ao redor dun taller de psicoterapia poderá visualizarse no Teatro Principal a partir das 20:00 horas do venres 17 de febreiro. A entrada será libre ata completar aforamento.