Calquera día é bo para unha festa. E con teatro, máis
Por Diego Torrado
A compañía galega Berrobambám foi a encargada de poñerlle a diversión á xornada deste domingo en Pontevedra no marco do ciclo Domingos do Principal. Ás 12.00 representaron a súa obra Xurdefet (Jour de fête), recomendada para nenos a partir dos seis anos, e repitena ás 18.30 horas.
Durante unha hora, Berrobambán ofreceu a pequenos e maiores un espectáculo de autor baseado en textos do francés Jacques Prévert que traslada ao público que calquera día é bo para unha festa, aínda que túa nai non queira que saias da casa, por se te mollas, por se te lixas, por se alguén te leva, por se non atopas o camiño de volta...
En Xurdefet unha muller volve ao patio da súa casa e lembra un día de festa, que sendo nena descubriu que os animais tiñan preocupacións semellantes ás súas: non querían medrar nunha gaiola, nin que os insultasen, nin aburrirse, nin xogar sós.
O vindeiro domingo, 19 de febreiro, a sesión teatral para toda a familia correrá a cargo da compañía da Rioxa El Perro Azul e o seu Superheroe, un espectáculo de máscaras e marionetas no que un só actor dá vida a cinco personaxes diferentes.
Está recomendado para nenos a partir de 8 anos e a venda anticipada está xa dispoñible en Ataquilla e no número 902504500.
Relacionadas:
-
Domingos do Principal baixa o pano con "Moby Dick"
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Un "Superheroe" nos Domingos do Principal
Por Diego Torrado |
-
'Retahilando' sorrisos con Eugenia Manzanera nos Domingos do Principal
Por Diego Torrado |
-
'O lobo e a lúa', de Baobab Teatro, tamén divirte os escolares os luns á mañá
Por Mónica Patxot |
-
"O lobo e a lúa" de Baobab abre o ciclo de teatro Domingos do Principal
Por Redacción |
-
Se aínda non enviaches a carta aos Reis Magos, inclúe este agasallo...
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |