Poio ten en marcha tres concursos ben diferentes
Por Redacción
A Concellería de Cultura e Festexos en Poio, que dirixe Lidia Salgueiro, ten en marcha, neste momento, tres concursos ben diferentes.
Trátase do III Concurso de Monólogos Poio Escena 2017, tamén a 25ª Edición do Concurso Literario Xaime Illa Couto, que coincide co quinto aniversario do pasamento deste autor, e agora ven de aprobarse a normativa que rexerá o concurso de carteis San Xoán 2017.
Este tradicional concurso, no que se escolle a imaxe publicitaria das festas grandes do municipio, presenta diferencias considerables con respecto a outras edicións.
Pásase de dúas a catro categorías diferenciadas por idade e as contías dos premios van dos 60 euros aos 120, segundo categoría, ademais, do agasallo conmemorativo.
A data límite de presentación das obras será o día 20 de abril e a entrega de premios terá lugar o día 22 de xuño, durante o acto de lectura do pregón que marca o inicio das festas patronais.