'Lurna', a curtametraxe de Nani Matos, finalista nos Premios Mestre Mateo
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
A curtametraxe de Nani Matos tamén foi seleccionada para participar no Beeston Film Festival en Inglaterra e obtivo un premio no Sarmat International Independent Film Festival, en Oremburgo, Rusia
A produción Dalle Jas! na que participa a actriz pontevedresa Beatriz Campos está nominada na categoría de mellor webserie, unha obra rodada na cidade. Tamén o pontevedrés Diego Torres acadou a súa segunda nominación a estes premios. Nesta edición foi polo seu vídeo Drop-Skygaze da produtora Sintesis Creative.
O director de Marín, Gaspar Broullón Pastoriza, opta a gañar o premio á mellor realizador por 'Deportes Imposibles 6' e a súa produtora Danga Danga Audiovisuais tamén é candidata a levar o premio ao mellor documental por 'Esquece Monelos'.
David Fidalgo, estudante de Belas Artes, presentaba hai tres anos os catro primeiros minutos de 'Cartas a Superman' como o seu proxecto final para o máster en Libro Ilustrado e Animación Audiovisual, agora este proxecto tamén foi seleccionado como finalista dos Mestre Mateo na categoría de curtas de animación.
Relacionadas:
-
Recoñecemento ao director Nani Matos pola súa curtametraxe 'Antes de que se poña o sol'
Por Anxo Lourido |
-
Lurna tamén triunfa en Italia
Por Redacción |
-
RADIO.- As deliciosas historias dunha muller brava
Por Marisa Ciordia |
-
O público e o xurado de SOS Racismo Madrid premian a curtametraxe pontevedresa 'Lurna'
Por Redacción |
-
Nani Matos gaña o Festival de Curtas Armadiña coa súa curtametraxe "Lurna"
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Nani Matos, mellor director galego no Curtas Film Fest por 'Lurna'
Por Redacción |
-
Alfombra vermella para Nani Matos e a súa 'Lurna'
Por Diego Torrado & Anxo Lourido |
-
Pontevedra acolle a gravación da webserie 'Dalle Jas!'
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |