65 traballos optan aos premios Johán Carballeira
Por Redacción
46 traballos para a modalidade de poesía e 19 para o de xornalismo presentáronse á edición deste ano dos premios Johán Carballeira, que convoca o Concello de Bueu.
Os gañadores coñeceranse nun acto que se vai a desenvolver na semana das Letras Galegas. O premio está dotado con 1.500 euros e leva a edición dun libro coa Editorial Xerais co poemario gañador.
Este certame naceu como unha homenaxe ao político, poeta e xornalista bueués, Juan Gómez de la Cueva, máis coñecido como Johán Carballeira. Na pasada edición a gañadora foi Pura Tejelo na categoría de poesía pola obra 'A elegancia do sécula' e Antón Lopo pola reportaxe 'Terán que volver os bárbaros para liberarnos', publicado en Sermos Galiza.
Ao longo das 20 edicións do premio de poesía e do trece de xornalismo, os premios foron a parar a mans de persoas recoñecidas como Yolanda Castaño, Berta Dávila, María Carmen Caramés, Sánchez Cidrás, Moncho Paz ou Cristian López Iglesias.
Relacionadas:
-
Moncho Iglesias e Daniel Asorey, gañadores dos premios Johán Carballeira
Por Redacción |
-
Montse Dopico e María Obelleiro, gañadoras do premio Johán Carballeira de xornalismo
Por Redacción |
-
Nova convocatoria dos premios de poesía e xornalismo Johán Carballeira
Por Redacción |
-
Antón Lopo recibe en Bueu o XIII Premio Johán Carballeira de xornalismo
Por Redacción |