O novo pintor Fernando Búa expón no Liceo Casino
Por Redacción
O Liceo Casino de Pontevedra acolle do 12 ao 31 de xaneiro unha exposición pictórica de Fernando Búa.
Aos seus 14 anos, este novo artista de Sanxenxo, compaxina os seus estudos coa súa afección á pintura.
Asegura que a súa paixón é a arte. Utiliza varias técnicas de pintura pero coa que máis goza é coa plumilla, pasmando asi, distinto paisaxes galegas.
Iniciouse en clases de pintura no Pazo Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo, continuando a súa formación co pintor Rafael Prieto.
A pesar da súa curta idade participou en diversas exposicións no seu municipio e foi premiado en varios concursos de pintura.