A ilusión non se perde coa idade: nenos e maiores gozan do Galicia Magic Fest
Por Redacción & Mónica Patxot
Ilusión por milleiros. É o que viviron os centos de pontevedreses que este mércores, en sesión dobre, acudiron ao auditorio de Afundación en Pontevedra para gozar dos seis espectáculos de ilusionismo que formaban parte do programa da primeira edición do Galicia Magic Fest, un evento cuxo anfitrión foi o pontevedrés Pedro Volta.
Xunto a el, o público puido gozar doutros cinco dos mellores ilusionistas do mundo, procedentes de España, China, Italia ou Portugal.
Sobre o escenario fóronse sucedendo os espectáculos de Yunke, colaborador habitual do programa El hormiguero de Antena 3, que despregou unha maxia chea de beleza e risco; Huang Zheng, unha maga chinesa cuxos actos transportan ao marabilloso mundo da maxia oriental; ou Ta Na Manga, un dúo de ilusionistas de Portugal que integra o teatro, a música e a comedia.
Ademais, tamén actuaron nesta gala Disguido, un dúo italiano experto en crear espectáculos excéntricos, transformando repugnantes realidades en algo sorprendente e asombroso; e Charlie Mag, un mozo español recoñecido polo seu número con pombas, unha das disciplinas máis difíciles da maxia.
E como non, Pedro Volta, que volveu a sorprender aos espectadores coas súas espectaculares propostas de escapismo e ilusionismo.
Foi, en resumo, unha gran oportunidade para que os pontevedreses deixásense asombrar co apaixonante mundo do ilusionismo da man dalgúns dos magos máis coñecidos do panorama nacional e internacional.
Relacionadas:
-
O mellor ilusionismo do mundo, xunto no Galicia Magic Fest de Pontevedra
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Afundación acolle a segunda edición do festival de ilusionismo "Galicia Magic Fest"
Por Redacción |
-
RADIO.- I believe in maxia
Por Marisa Ciordia |
-
Pedro Volta, anfitrión en Pontevedra da primeira edición do Galicia Magic Fest
Por Alejandro Espiño |