Un tributo a Michael Jackson traerá a Pontevedra o espectáculo do rei do pop
Por Redacción
Xaneiro será un mes de tributos en Pontevedra. Ao de Elvis Presley unirase tamén un espectáculo que homenaxeará ao rei do pop, Michael Jackson. Trátase de Michael's Legacy, creado pola compañía Jackson Dance Company, que se representará no auditorio de Afundación en Pontevedra o próximo 21 de xaneiro, ás 21.00 hioras.
Michael's Legacy é, segundo os seus promotores, o primeiro tributo a Michael Jackson que ofrece o concepto de espectáculo que tiña o rei do pop nas súas xiras. É un espectáculo apto para todas as idades, no cal se poderá gozar dunha escenografía moi coidada, con réplicas exactas das cancións orixinais.
Ademais, un gran corpo de baile formado por 14 bailaríns e grandes voces en directo transmitirán á perfección as mensaxes que o rei do pop facíanos chegar en cada unha das súas actuacións.
A Jackson Dance Company creou este espectáculo musical de gran formato para todos os públicos, co cal actuaron nos grandes recintos internacionais.
Xunto aos bailaríns, o espectáculo conta cun imitador de Michael Jackson, cun gran parecido físico e capaz de realizar e transmitir á perfección, cada movemento e xesto que acompañaban en cada un dos seus concertos a este gran artista.
As entradas, con prezos a partir dos 15 euros, pódense adquirir en www.ataquilla.com.
Relacionadas:
-
O musical que rende homenaxe a Michael Jackson regresa a Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Michael Jackson segue a ser o rei do pop
Por Diego Torrado |
-
Doctor Queen, o espectáculo tributo á banda de Freddie Mercury, en febreiro en Pontevedra
Por Redacción |
-
Elvis vive... e estará en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |