Artistas de Belas Artes amosan as súas obras no Casal de Ferreirós
Por Redacción
Estudantes de cuarto curso de Belas Artes da facultade de Pontevedra decidiron levar a cabo dentro da materia de Xestión, Ámbito Artístico e Mundo Profesional un proxecto consistente en mostrar os traballos de tres creadoras galegas, que tamén foron ou son alumnas da Facultade de Belas Artes. Seleccionaron a tres artistas, Ester Iglesias, Lucía Ferreirós e Albi Castillo, para que desde o 2 ata o 19 de decembro mostren os seus traballos no Casal de Ferreirós.
Ester Iglesias realizou o Máster en Ilustración que, segundo as organizadoras da mostra, conta con potencialidade creativa e gran dominio da arte tanto en soportes tradicionais como dixitais.
Lucía Ferreirós tamén realizou o Máster en Ilustración e domina a imaxinación, ademais de contar cunha elevada capacidade para plasmar as súas ideas no papel.
Abi Castillo atópase estudando o cuarto curso da carreira e traballa con acuarela, seguindo a liña das obras de Maruja Mallo, empregando matices propios do século XXI.
Con este proxecto búscase facer máis visible o traballo dos estudantes da Facultade pontevedresa tanto na cidade como nos municipios da contorna. A selección, segundo os organizadores Sonia Area e Federico Hugo Catania, realizouse atendendo á vontade emprendedora dos candidatos.