A curta "No abortamos" gañadora do Festival de Curtas do Concello do Grove
Por Redacción
O público asistente ao IV Festival de Curtas do Concello do Grove seleccionou a curta "No abortamos" como gañadora entre as oito presentadas durante a tarde do domingo na Sala das Cunchas do Concello. A curta, cunha duración de 19 minutos e dirixida por Marta Onzain e Alberto R. Peña Marín narra como tres membros da banda terrorista ETA se dispoñen a emitir, en directo, o último comunicado da banda.
A historia de Onzain e Peña impúxose a "A los ojos", "La huida", "El pescador", "Pura hasta la sepultura", "Encuentros en la tercera edad" e "Alien Inside". O premio pola votación do público é de 300 euros para a curta gañadora, que ademais suma puntos para o concurso final que se celebrará en Madrid en vindeiras datas.
Este evento organízase gracias ao proxecto de CortoEspaña e permite achega ao Grove algunha das mellores curtas feitas en España, neste caso correspondentes ao ano 2015.
A boa acollida desta iniciativa entre o público fai prever que o evento poida repetirse nos vindeiros anos.