Pontevedra goza co 'Tartufo' do Centro Dramático Galego
Por Redacción & Diego Torrado
O auditorio pontevedrés de Afundación acolleu este venres a representación de Tartufo, unha adaptación da peza teatral de Molière da man do Centro Dramático Galego.
O público asistente puido gozar dunha representación que contaba cun coñecido elenco de actores galegos, como Casilda Alfaro, César Cambeiro, Antela Cid, Xoán Fórneas, Mónica García, Marta Lado, Roberto Leal, Rebeca Montero, Alejandro Saá e Patricia Torres.
Todo iso baixo a dirección do valenciano Carles Alfaro, que buscaba na montaxe reflectir os claros e escuros da obra orixinal.
En Tartufo, Molière brinda unha reflexión sobre o que pode chegar a suceder cando alguén se interpón entre o poder e quen o posúe, coa fin de satisfacer os seus propios intereses.