A surrealista comedia "Milagro en casa de los López", broche de ouro á tempada teatral de Afundación
Por Redacción & Diego Torrado
Pontevedra dixo adeus á oferta teatral de Afundación. Pero, tranquilos. Só será por este ano. A programación otoñal da entidade chegou á súa fin este sábado coa representación da obra Milagro en casa de los López no seu auditorio pontevedrés.
Centos de persoas gozaron cunha divertida obra protagonizada por coñecidos actores da pequena e a gran pantalla como Nuria González, Nacho Guerreros, Juan Antonio Molina, Elisa Lledó, Ana Mayo e Nacho del Valle.
Milagro en casa de los López é unha adaptación de Manuel Gancedo dunha das pezas máis descoñecidas de Miguel Mihura.
Nela, os pontevedreses foron testemuñas do que ocorre na mansión dos López, un anodino matrimonio que decide introducir cambios na súa vida co aloxamento dunha misteriosa hóspede.
Ata entón, os señores vivían coa única compañía do persoal de servizo, na máis absoluta cotidianidade. Pero a chegada da nova trastórnao todo, provocando a risa do público nesta surrealista comedia teatral.
Relacionadas:
-
O "Tartufo" de Moliere chega a Pontevedra adaptado polo Centro Dramático Galego
Por Redacción |
-
'Pulgarcito' amosa paralelismos coa realidade actual ante os escolares
Por Mónica Patxot |
-
Unha reflexión sobre a prostitución en ton de comedia
Por Diego Torrado |
-
A violencia de xénero chega a Afundación da man do teatro
Por Diego Torrado |