A BMP viaxa a Musicolandia, o país dos instrumentos
Por Redacción
A Banda de Música de Pontevedra (BMP) viaxa este domingo 20 de novembro a Musicolandia, o país dos instrumentos nun concerto no que contará coa colaboración de Tarabelos: Títeres e contacontos. Será ás 12:30 horas no Teatro Principal de Pontevedra e con entrada gratuíta.
Xusto agora fanse 60 anos da creación de "Piccolo, saxo e compañía", un dos contos musicais máis interpretado nas salas de concerto. Con música de André Popp e textos de Jean Broussolle e por encargo da Philips Discos, estes dous xenios da pedagoxía infantil escribiron no ano 1956 esta bonita historia co principal obxectivo de iniciar aos nenos na música clásica.
Nesta historia, que ten por subtítulo A pequena historia dunha gran orquestra, os protagonistas non son nin persoas nin animais, son instrumentos musicais. Claro que isto é posible grazas a que é un conto marabilloso, por iso falan, dialogan, discuten, divírtense e viven unha infinidade de aventuras. Nesta adaptación poderanse escoitar todos os instrumentos da banda por separado, reunidos en familias e todos xuntos.
Os instrumentos de percusión tocan unha especie de marcha, os saxofóns cun ritmo moi parecido ao do jazz, os instrumentos de vento-madeira chegan cunha música suave e algo misteriosa e coma se fose un desfile, preséntase unha potente fanfarra, que é o cartón de visita dos instrumentos de vento-metal. Todo isto dá paso a toda a orquestra nunha brillantísima peza final.
Relacionadas:
-
Unha colaxe folkclórica, punto de partida do ciclo de butaca da BMP
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Volve o ciclo de butaca da Banda de Música de Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
O país dos instrumentos invade o Teatro Principal da man da Banda de Música
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Unha xornada 'Disney' coa Banda de Música de Pontevedra
Por Redacción & Diego Torrado |
-
A Banda de Música de Pontevedra invita a madrugar os domingos
Por Diego Torrado |
-
Concertos os domingos pola mañá, novidade do Ciclo de Outono da BMP
Por Alejandro Espiño |