Ponte Caldelas abre unha exposición fotobiográfica sobre Manuel Lueiro Rey
Por Redacción
Ponte Caldelas súmase á "causa Lueiro" para reivindicar a figura das Letras Galegas coa apertura dunha exposición fotobiográfica con motivo do centenario do nacemento do escritor, xornalista e humanista de Fornelos de Montes, Manuel Lueiro Rey.
A mostra pódese visitar na Casa da Cultura ata o próximo día 30. O presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero; o deputado provincial de Cultura, Xosé Leal, o alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz e o biógrafo de Lueiro, Ramón Nicolás participaron na inauguración deste evento no que tamén estiveron presentes as familias de Manuel Lueiro e de Alexandre Bóveda.
Colocouse unha placa con motivo desta cita na que se lembra o paso de Lueiro e Bóveda pola antiga prisión da vila, que se atopaban no mesmo edificio que hoxe acolle á Casa da Cultura municipal.
Alonso Montero remarcou a personalidade literaria e cívica de Manuel Lueiro durante o discurso pronunciado neste acto e lamentou que os escolares galegos descoñezan a moitas das persoas que foron cruciais na historia de Galicia.