As imitacións de Carlos Latre acadan o éxito no Pazo da Cultura
Por Diego Torrado
Carlos Latre In Live mostra ao popular humorista televisivo en plena forma, realizando as súas mellores imitacións e realizando un repaso dos personaxes que todos os días aparecen nos medios de comunicación, xa sexan da política, do espectáculo ou do deporte.
Carlos Latre ofreceu na noite deste venres no Pazo da Cultura un show que entusiasmou aos centos de persoas que encheron as butacas do auditorio. Curiosamente á mesma hora, o cómico tamén aparecía na televisión nun programa gravado de Tu cara me suena de Antena 3.
O show que presentou en Pontevedra este divertido artista recreaba a máis de cen personaxes a través da prodixiosa voz do artista de Castelló.