Concerto de góspel en Santa María a Maior para financiar un orfanato en Uganda
Por Oskar Viéitez
Este xoves día 10 de novembro ás 20.30 horas, a Igrexa Santa María a Maior acollerá un concerto solidario de góspel, a cargo do grupo vocal A Cappella, ABA TAANO. Trátase dunha formación musical de Uganda e cantan para recadar diñeiro para o orfanato que teñen no seu país.
Son cinco voces cálidas, cinco mozos e mozas cheos de humor, alegría e dinamismo que interpretan os seus cantos a capella, escenificados, movidos, amenos. Unha música distinta, unha formulación orixinal, un repertorio propio e moitísimas táboas son as características destes mozos ugandeses, que percorreron a maioría dos auditorios de España.
Actuaron xa en máis de 12 países de Europa e en todos os sitios conqueriron a mesma resposta entusiasta. En xullo deste ano, 2014 gañaron unha medalla de ouro nas Olimpíadas da Voz en Letonia, nun encontro de 26.000 cantantes. Tamén gañaron o premio dos directores artísticos pola súa versión da canción oficial dos xogos. En decembro 2015 foron invitados ao concurso Kaunas Cantate Domino 2015 conseguindo, 2 medallas de prata, unha medalla de ouro, Primeiro premio do Festival, Premio do Público e premio da Expresividade.
Gravaron catro discos, Sitembele, Ukuthula, Woza e un álbum do Nadal.
Cantan góspel africano, canto tribal, melodías populares en Luganda, Swahili, Ancore, Zulu, Lingala, Acholi... pero tamén cantan as súas propias versións de temas pop. En todos os casos, terminan co público en pé, como auténticas estrelas de rock.
O conxunto formouse nun orfanato en Uganda ao que agora cos seus concertos axudan a financiarse. Aba Taano transformouse no maior apoio ao proxecto de "Música para salvar vidas" en Uganda.