A fantástica viaxe de Jonás o espermatozoide fai parada no Pazo da Cultura
Por Diego Torrado
O Pazo da Cultura, dentro da programación do Festival das Cóxegas, acolleu este domingo a obra teatral de monicreques para nenos a partir de 5 anos El fantástico viaje de Jonás el espermatozoide.
A segunda edición do ciclo, que estará composta por 4 espectáculos os domingos entre o 6 e o 27 de novembro, botou a andar este domingo.
O primeiro narraba a historia de Jonás, un diminuto espermatozoide que se negaba a concursar na gran carreira da fecundación. Prefería durmir e lacazanear pracidamente no interior do testículo onde vivía. Pero o tempo acababa, e o noso lacazán e durmiñón espermatozoide tiña que emprender a viaxe máis fantástica e alucinante de toda a súa vida. Unha viaxe sen volta, chea de perigos e aventuras, na busca do óvulo perdido.
A obra, que se representou con éxito en Pontevedra, leva colleitado numerosos premios desde a súa estrea.
Relacionadas:
-
O Festival das Cóxegas remata converténdose en referente para o público familiar
Por Redacción |
-
Danza e moita imaxinación, no Festival das Cóxegas con "¿Cuál es mi nombre?"
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Festival das Cóxegas volve o domingo con danza contemporánea para a infancia
Por Redacción |
-
Acrobacias e números de circo fan rir no Festival das Cóxegas
Por Diego Torrado |
-
O Festival das Cóxegas regresa a Pontevedra en novembro con catro novos espectáculos
Por Redacción |