Foot-Ball, coreografías que fan gol
Por Diego Torrado
Os espectadores que acudiron este sábado ao Pazo da Cultura para asistir á función de Foot-Ball atopáronse con algo máis que un espectáculo de danza, unha montaxe que converteu en coreografías algunhas das mellores xogadas do FC Barcelona.
Sobre o escenario, os bailaríns da compañía Gelabert Azzopardi convertíronse nuns futbolistas moi especiais, mentres nunha gran pantalla proxectábanse imaxes.
A idea do coreógrafo Gelabert é converter nun só movemento o fútbol e a danza, unindo dúas linguaxes non verbais da nosa cultura.