A capela do cemiterio de San Amaro acolle un concerto de Desjardins e Anzellotti
Por Redacción
O Festival Vertixe Sonora de Creación Musical Contemporánea continúa explorando novas músicas e novos espazos sonoros. Os mestres Cristophe Desjardins, viola, e Teodoro Anzellotti, acordeón, ofrecerán un concerto sorprendente este venres 28 de outubro nun espazo tan estimulante e pouco convencional como a capela do cemiterio de San Amaro. Será a partir das 20.30 horas e a entrada terá un prezo de 8 euros.
Ambos os músicos ofrecerán unha interpretación da obra 'Tombeau et doublé'. Os dous intérpretes están considerados como auténticos mestres musicais, que reúnen ética musical, profundidade espiritual e unha perfección técnica asombrosa.
A obra que interpretan 'Tombeau et double' é unha peza do compositor Alberto Pousadas con motivo do falecemento do seu amigo Gerard Mortier, que fora director do Teatro Real de madrid entre 2010 e 2013.